ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo para o 30 de xullo por altas temperaturas en Valdeorras

Tamén se activa o aviso no noroeste da provincia, no sur e no Miño de Ourense

 

Din os expertos que chega a primeira onde de calor do verán. Así a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de activar o aviso amarelo por altas temperaturas para mañá 29 de xullo (entre as 14h. e as 21h.) na meirande parte da provincia de Ourense: Valdeorras, noroeste e sur e no Miño de Ourense.

No caso da zona de Valdeorras e do sur da provincia prevese que os termómetros alcancen (cunha probabilidade de entre o 40 e o 70%) os 37 grao. Previsión que sube ata os 38 graos no Miño de Ourense e que se sitúa nos 36 graos no noroeste da provincia.

 

Mapa de avisos da AEMET para o xoves 30 de xullo./ Fonte: AEMET.

Artigos relacionados

Back to top button