ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo por altas temperaturas en Valdeorras, no sur da provincia e no Miño

Avisos amarelos activados pola Aemet neste 14 de agosto./ Fonte: Aemet.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de emitir un aviso amarelo para este sábado por temperaturas máximas na comarca de Valdeorras, o sur da provincia de Ourense e o Miño, así como na zona sur de Lugo.

Este fenómeno meteorolóxico adverso iniciarase no mediodía deste sábado 14 de agosto e a súa finalización prevese para última hora do día, segundo a previsión da Aemet.

Na comarca valdeorresa espérase chegar a unha temperatura máxima de 36 ºC. “No Miño de Ourense o umbral alcanzarase na área de Verín e no sur de Lugo o umbral alcanzarase na área de Monforte de Lemos”, segundo a Aemet.

Artigos relacionados

Back to top button