De amarelo tínguese totalmente a provincia de Ourense no mapa de avisos por chuvias e tormentas da AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía) neste sábado 7 de xullo. Deste xeito, o aviso inclúe a montaña ourensá, Valdeorras, o sur de Ourense, o noroeste de Ourense e o Miño de Ourense, tal e como se detalla na páxina web da AEMET.
Un aviso que chega despois dunha tarde do pasado 6 de xullo, marcada polas treboadas e a saraiba en comarcas como Valdeorras ou mesmo na cidade de Ourense, provocando diversas incidencias.