ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo por nevadas o domingo na montaña ourensá

Avisos amarelos por nevadas activados para o domingo 21 de febreiro na provincia./ Fonte: Aemet.

 

Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) vén de activarse un aviso amarelo por nevadas na montaña ourensá para mañá domingo 21 de febreiro entre as 03:00h. e as 11:59h.

Prevese (cunha probabilidade entre o 40 e o 70%) unha acumulación de neve en 24 horas de 5 cm. “Estas acumulacións espéranse por riba dos 900 m”, segundo informa a Aemet.

Artigos relacionados

Back to top button