En portadaGalerías de fotosOurenseÚltima hora

Aviso amarelo por neve no oriente ourensán

As nevadas deixábanse notar xa na tarde do 4 de abril nas estradas

Despois de varias semanas cunhas temperaturas moi por riba do habitual para esta época do ano, o frío volve facer aparición na provincia de Ourense e faino ademais con forma de neve nas zonas de montaña do oriente ourensán. Nesta tarde podía verse xa nevar no Alto do Covelo e tamén na Gudiña. Así pode verse nesta galería de fotos.

Para mañá 5 de abril, Aemet dá aviso de nivel amarelo por neve na parte oriental da provincia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button