ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo por tormentas esta tarde en Valdeorras

Tamén se estende á montaña ourensá e ao sur da provincia

 

Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de emitirse un aviso amarelo por tormentas na provincia “con probabilidade de ir ocasionalmente acompañada de pedra” a partir das tres desta tarde de mércores, 8 de xullo, cunha probabilidade de risco de entre o 40 e o 70%.

Prevese que este fenómeno dure ata as 22h. e que afecte a boa parte da provincia de Ourense: Valdeorras, a montaña ourensá e o sur da provincia.

 

Mapa de avisos amarelos da AEMET para esta tarde.

 

Artigos relacionados

Back to top button