ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo por tormentas na provincia de Ourense para esta tarde

 

Dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de emitirse un aviso amarelo por tormentas “ocasionalmente con pedra” a partir das 15h. da tarde deste venres 29 de maio na provincia de Ourense. En concreto as zonas de risco son a montaña ourensá, o sur e o noroeste da provincia, así como o Miño en Ourense.

A probabilidade é de entre o 40 e o 70% e estímase que o fenómeno meteorolóxico finalizaría a partir das 21h.

 

Mapa de avisos meteorolóxicos da AEMET para esta tarde.

Artigos relacionados

Back to top button