En portadaÚltima hora

Aviso amarelo por tormentas para mañá en Valdeorras e na montaña ourensá

Publicidade
Mapa de avisos amarelos para mañá en Galicia./ Fonte: AEMET.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de emitir esta mañá un aviso amarelo por tormentas que afectará aos ámbitos xeográficos da montaña da provincia Ourense e da comarca de Valdeorras, así como á montaña de Lugo e ao sur da provincia, cunha probabilidade de entre o 40 e o 70%.

Prevese que este fenómeno dea comezo no mediodía do domingo 3 de xullo e que remita na medianoite do luns 4. Un aviso de nivel amarelo por tormentas indica que na zona afectada prevense tormentas fortes.

Artigos relacionados

Back to top button