ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo por tormentas, vento e pedra para o luns e o martes na provincia

Avisos amarelos da Aemet para o luns./ Fonte: Aemet.

 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén o aviso amarelo de tormentas, ventos e pedra na provincia para o luns 14 de xuño e para o martes 15 de xuño. No caso do luns o aviso está activado entre as 14h. e as 22h. no conxunto da provincia e prevese (cunha probabilidade entre o 40 e o 70%) pedra e refachos moi fortes de vento.

No caso do martes o aviso tamén se activa a partir das 14h e ata as 22h. e a previsión de tormenta tamén inclúe probabilidade de pedra e refachos moi fortes de vento neste caso en Valdeorras e na montaña de Ourense.

 

Avisos amarelos activados para o martes pola Aemet./ Fonte: Aemet.

Artigos relacionados

Back to top button