A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de activar o aviso amarelo por vento para mañá 6 de novembro na montaña ourensá. A previsión, cunha probabilidade entre o 40% e o 70%, vai dende as 14h. ata as 23:59h. e espéranse rachas máximas de 80 km/h. de vento do sureste e do sur.