EconomíaEconomía

Axencia de colocación

Ponse en marcha AEVA Emprego
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Valdeorras dispón xa dunha axencia de colocación. É a ademais a única da provincia xestionada por unha organización empresarial. Trátase de AEVA Emprego, un servizo gratuíto co que se pretende contribuír á redución do desemprego mellorando o sistema de intermediación laboral entre ofertas e demandas de traballo. Está situado na sede da Asociación Empresarial de Valdeorras (na praza do Concello do Barco) e o seu horario de atención ao público vai de 09:00 a 14:30 horas.

O servizo ofrece vantaxes tanto aos empresarios (bases de datos actualizadas de candidatos, selección deses candidatos para cubrir a oferta, asesoramento xurídico para a contratación e seguimento na incorporación, entre outras), coma aos demandantes de emprego (dispoñibilidade dunha bolsa de emprego actualizada na web de AEVA, introdución e actualización de curriculum, orientación e información profesional, etc.).

A axencia (autorizada co número 1200000015 polo Servizo de Emprego Público de Galicia) conta xa con 94 usuarios (datos do pasado 26 de xuño) e ata agora xestionáronse 4 ofertas de emprego. A principal comunicación con eles faise vía mail. “Mandamos correos con ofertas de emprego ou cuestións de interese, como subvencións ou cursos de formación, cunha periodicidade mensual”, explican dende esta axencia de colocación, na que traballan dúas técnicas de orientación laboral e formación, con ampla experiencia na realización de programas activos de emprego.

Texto: Ángeles Rodríguez
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button