CulturaEducación

Axuda ás familias sen recursos en Verín

O Concello e a Fundación Amigos de Galicia entregan 43 mochilas escolares para nenos dos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España
Momento da entrega de mochilas escolares no CEIP Princesa de España.
Momento da entrega de mochilas escolares no CEIP Princesa de España.

Na mañá do 14 de setembro, o CEIP Princesa de España recollía as 43 mochilas con todo o material escolar necesario, que o Concello de Verín e a Fundación Amigos de Galicia, donan aos menores de familias sen recursos que estudan nos Colexios Amaro Refojo e Princesa de España.

Á entrega do material (valorado en 3.560 euros e subvencionado ao 50% por ámbalas dúas entidades) acudiu o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; o concelleiro de Servizos Sociais, José Luís Martin; o director da fundación, Jesús Busto Peteiro; o vicepresidente da fundación, Saturnino Cuquejo; e os directores dos Colexios Amaro Refojo e Princesa de España.

Ademais, tal como adiantan dende o Concello de Verín, desde outubro a Fundación (entidade sen ánimo de lucro que axuda ás persoas en situación de carencia de recursos económicos con domicilio en Galicia) atenderá a tódalas familias máis necesitadas mediante un convenio de colaboración co Concello. Unha vez ao mes, as familias recibirán produtos alimenticios básicos, ademais de calzado, roupa, produtos de hixiene persoal ou mobles.

Artigos relacionados

Back to top button