ConcellosÚltima hora

Axudas a entidades de inclusión social de Ourense

Benestar destina 630.000 a un total de 26 entidades de toda a provincia
Beatriz Mato visita o centro Juan Soñador de Ourense.
Beatriz Mato visita o centro Juan Soñador de Ourense.

Un total de 26 entidades de inclusión social da provincia de Ourense benefícianse este ano da orde de axudas da Consellería de Traballo e Benestar destinada a este colectivo. Esta convocatoria supón o investimento neste exercicio de 630.000 euros na provincia.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaba na mañá do 5 de novembro a fundación Juan Soñador, que este ano recibirá máis de 92.000 euros. Na visita, Mato lembrou que “a orde de axudas para entidades de inclusión incrementouse este ano para toda Galicia ata acadar os 3,7 millóns de euros e en 2015 acadará os 4 millóns”.

Beatriz Mato destacou asemade o labor social que leva a cabo Juan Soñador a través de programas como o “Teranga” que se desenvolve nos centros da Coruña, Vigo e Ourense, este último coa atención a 270 persoas cada mes.

A conselleira lembrou que este ano púxose en marcha de forma pioneira unha orde para a contratación de persoas que están percibindo a RISGA. A orde está dotada con 5 millóns de euros e permite a contratación de máis de 620 perceptores por parte dos concellos. Na provincia de Ourense hai actualmente 106 persoas de 26 concellos beneficiarias destes contratos, o que supón un investimento de 750.000 euros. A titular de Traballo indicou que para 2015 “duplícase a contía, que contará con 10 millóns, co obxectivo de contratar a 1.200 perceptores”.

Artigos relacionados

Back to top button