En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Axudas á natalidade no concello de O Bolo

O alcalde, Manuel Corzo, entregaba cheques a varias familias residentes no municipio

Cada ano dende hai máis de vinte, o Concello de O Bolo con Manuel Corzo na alcaldía, axuda economicamente ás familias con fillos pequenos, entregando cheques en función do número de nenos. “Antes xa lles daba leite da farmacia para os bebés e agora dámoslles cartos para axudar aos pais, cando os nenos comezan o colexio”, explica Manuel Corzo que este ano entregaba varios cheques na mañá do 21 de decembro: á natalidade, ás familias numerosas e á escola de gaitas. “Noutras cousas non, pero nisto, este concello é pioneiro”.

Para a natalidade entregáronse tres cheques para: Ana Fernández, que recibiu 721 euros polo segundo fillo; Vicente Saabín, 540 polo primeiro fillo; e Laura Martínez, 540 tamén polo primeiro fillo.

En canto ás familias numerosas, os beneficiarios recibiron 100 euros por fillo menor de 18 anos: Mª Ángeles Álvarez, que ten catro fillos; José Arias, que ten un fillo; e Ana Mª Barreira con tres fillos.

Este ano ademais, o Concello subvencionou o 50% dos gastos da Escola de Gaitas, pagando tamén a metade dos gastos de material a dúas familias.

Despois de entregar os cheques no Casa Consistorial, todos os cativos, os familiares, os profesores do colexio e membros da corporación, compartiron un almorzo no bar O Pote, acompañados asemade por Papá Noel.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button