ConcellosÚltima hora

Axudas para os concellos en Rede Natura 2000

Medio Ambiente destina 1,8 millóns de euros para actuacións neste ámbito de protección ambiental
A conselleira de Medio, Ethel Vázquez e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado.
A conselleira de Medio, Ethel Vázquez e a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado.

O Diario Oficial de Galicia publicará mañá 7 de agosto, a orde pola que se establecen as axudas para os concellos que se atopan dentro das zonas de Rede Natura 2000. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destina 1,8 millóns de euros para o financiamento de actividades, actuacións ou medidas nos municipios que se atopan neste ámbito de protección ambiental. Así o anunciaba na mañá do 6 de agosto a conselleira Ethel Vázquez, durante a presentación na destacou que execución destas accións subvencionadas permitirán, mellorar a paisaxe, manter as condicións ambientais e a recuperación de especies e a conservación e restauración dos elementos históricos patrimoniais ou culturais.

A conselleira de Medio Ambiente, que estivo acompañada pola directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, sinalou que “unha das novidades da convocatoria desta liña de axudas é a presentación, por primeira vez, das solicitudes por vía telemática unicamente, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es”. Así, “aqueles concellos interesados en ser perceptores desta axuda” sinalou Vázquez “teñen ata o 8 de setembro para presentar as solicitudes”.

A Dirección Xeral de Conservación concederá o 100% do seu custo subvencionable, cun importe máximo de 20.000 euros por proxecto e só se admitirá unha única solicitude de axuda e un único proxecto para un único grupo de actividades por concello. A conselleira engadiu que “outro aspecto destacable é o feito de que se abre a posibilidade de recibir un anticipo do 50% do proxecto, unha medida especialmente destacable en momentos como o actual”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button