OurenseÚltima hora

Baile para amosar os beneficios do porteo ergonómico de bebés

En Ourense terá lugar un Fash Mobe na tarde do 17 de oututubro de forma simultánea con outras cidades españolas e do mundo
Un do ensaios do Flash Mob en Ourense./ Foto cedida.
Un do ensaios do Flash Mob en Ourense./ Foto cedida.

Dar a coñecer os diferentes sistemas de porteo de bebés (mochilas ergonómicas, bandoleras, foulards, mei tais…) e os seus beneficios. Esta á e pretensión do “Flash Mobe” que celebrará un grupo de nais e pais de Ourense o vindeiro sábado 17 de outubro ás cinco da tarde no Centro Comercial Ponte Vella da cidade. É unha actividade aberta e levarase a cabo “de forma simultánea noutras cidades españolas, quere dar visibilidade ao porteo ergonómico e ás súas vantaxes, tanto para os adultos como para os bebés. A iniciativa enmárcase dentro dos actos da Semana Internacional da Crianza en Brazos 2015 (do 4 ao 10 de outubro)”, segundo informan os promotores desta acción na capital da provincia.

O porteo, segundo se sinala dende este grupo de nais e pais, aporta diversos beneficios como son o feito de que “os bebés choran menos, séntense máis seguros e tranquilos”, ademais “a interacción cos adultos facilítalles o desenvolvemento social e unha maior estimulación”, “redúcense os cólicos do lactante” e “falicita a lactancia materna”, entre outros. Por outra banda, “permite ter liberdade de movementos ao portador, podende atender a outras/os fillas/os” e con el “non hai barreiras arquitectónicas.

Artigos relacionados

Back to top button