CulturaCulturaÚltima hora

Baiuca actuará na Batucada de Verín 2019

Esta actuación será o plato forte deste festexo, que terá lugar os vindeiros días 26 e 27 de xullo

O 26 e 27 de xullo celebrarase a Batucada de Verín 2019. Segundo confirmou a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, esta cita para todas as idades estará chea de música, auga e festa. Así, o prato forte será o concerto de Baiuca.

 

A concelleira Emilia Somoza co cartel da Batucada 2019.

 

O “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” abrirá o calendario de actividades o venres 26 ás 11:00 horas, coa temática de super heroes e super heroinas. Ao seu remate ás 12:00 horas celebrarase a “Festa Infantil da Ludoteca”, no CEIP Amaro Refojo. Así, pola tarde terá lugar a “Festa Acuática na Praia fluvial”. Será de 16:30 a 20:30 horas é contará con animación musical, e inchables de terra e auga. O Grupo Atenas cerrará a xornada do venres cunha actuación musical na Praza García Barbón ás 00:00 horas.

Xa o sábado 27, a auga e a escuma serán as grandes protagonistas. Ás 17:00 horas celebrarase a “Festa da escuma e da auga”, coa animación a cargo da Discomóbil A Gramola. A continuación, ás 19:15 horas comezará o “Desfile Pasarrúas da Batucada” que sairá da Praza Maior e continuará pola Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno rematando no Pavillón dos Deportes de Verín. Este ano, o desfile contará coa presenza da batucada Trópico de Gelos (Santiago de Compostela) e da Charanga Támega. Ao remate do desfile, na Rúa Irmáns Moreno, Enjoy DiscoMóbil Jorge será a encargada da animación musical.

Para rematar, Baiuca será o plato forte desta Batucada de Verín 2019. Será na Praza García Barbón ás 00:00 horas. Neste proxecto musical capitaneado por Alejandro Guillán “Alex Casanova”, conflúen sons propios da tradición galega e música electrónica.

Texto: Alba Prada

Fotos: Facebook Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button