ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Baixa a cota de neve en Valdeorras

 

Unha vez máis cumpríanse as previsións e as montañas que rodean a comarca de Valdeorras amencían cunha importante capa de neve, visible dende localidades máis baixas como O Barco ou A Rúa.

Despois dunha xornada seca e ata soleada con temperaturas agradables para esta época do ano, o tempo volvía cambiar bruscamente durante a madrugada do 14 de novembro, cunha considerable baixada de temperaturas, vento e chuvias, en forma de neve nas zonas máis altas que se mantén durante o día.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button