En portadaÚltima hora

Baixan a 1.152 os actos activos por Covid na provincia, 59 menos que onte

O Hospital de Valdeorras segue con 9 ingresos, o de Verín baixa a 5 e o de Ourense ten 86, segundo Sanidade

Entrada principal ao Hospital de Valdeorras.

 

Seguen a reducirse os casos activos de coronavirus na provincia de Ourense. Así, segundo os datos publicados hoxe por Sanidade, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.152 casos activos, o que supón 59 menos que onte. Deles, 87 están hospitalizados en planta (1 máis que onte) e 15 en UCI (2 menos que onte). Tamén se aprecia un lixeiro incremento nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 45 (fronte aos 42 de onte).

O Hospital de Valdeorras continúa con 9 ingresos en planta por Covid, mentres o Hospital de Verín rexistra 5 ingresos (2 menos que onte) e o Hospital de Ourense 71 (3 máis que onte)en planta e 15 (2 menos que onte) na UCI. Ademais a Clínica Santa Teresa ten dous ingresos en planta.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.652, con 5.256 curados e 244 falecidos (onde non se producía ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 97.698 probas PCR.

Galicia roza os 10.000 casos activos de coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.895 deles 1.737 son da área da Coruña, 1.049 da de Lugo, 1.152 da de Ourense, 1.137 da de Pontevedra, 2.388 da área de Vigo, 1.338 da de Santiago, e 1.094 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 79 están en UCI, 498 en unidades de hospitalización e 9.318 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 28.964 persoas curadas, rexistrándose 960 falecementos. O número de PCR realizadas é de 722.912.

 

Artigos relacionados

Back to top button