ConcellosO BarcoÚltima hora

Baixan a 10 os casos de Covid nos centros educativos de Valdeorras

No caso de Viana do Bolo mantéñense dous positivos no instituto, segundo os datos da Xunta

 

Unha xornada máis, baixan os casos de coronavirus nos centros educativos da comarca de Valdeorras. Rexístranse un total de 10 positivos (3 menos que os comunicados onte), tal e como se reflexa no listado facilitado pola Xunta de Galicia. Así, no Barco, a Escola Infantil Los Juglares ten 4 casos (ademais vén de reabrirse a aula que tiña pechada, tal e como se confirma dende o centro), o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira  2, o Colexio Divina Pastora 1 (1 menos que onte) e o IES Martaguisela 1 (2 menos que onte).

Ademais o IES Cosme López da Rúa continúa cun positivo e o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín con outro.

Mantense tamén a cifra de casos no IES Carlos Casares de Viana do Bolo con 2 positivos.

Os centros educativos da provincia de Ourense suman un total de 151 positivos por Covid.

Artigos relacionados

Back to top button