ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Baixan a 12 os positivos por Covid en Viana, segundo confirma o Concello

Exterior da Casa do Concello de Viana do Bolo.

 

A través dun bando, o Concello de Viana do Bolo vén de infomar dunha “tendencia á baixa” no número de casos activos de coronavirus no municipio. Segundo os datos comunicados onte polo Sergas ao Concello, son 12 positivos os que se rexistran en Viana.

Dende o Concello lémbrase que “é necesario manter as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar ao máximo as reunións familiares e sociais, que, lembremos, están restrinxidas a 6 persoas, salvo conviventes. Ademais, a alcadía desexa recordar á veciñanza as medidas aínda aplicables en toda Galicia até as 15:00 horas do 4 de decembro”, que se volven a detallar neste bando asinado polo alcalde, Abelardo Carballo.

No anterior bando emitido pola alcaldía vianesa o pasado 6 de novembro eran 19 os positivos que se rexistraban neste municipio.

Artigos relacionados

Back to top button