ConcellosO BarcoÚltima hora

Baixan a 15 os positivos nos centros educativos do Barco e soben a 2 en Viana

 

Os centros educativos do concello do Barco rexistran un total de 15 casos positivos por Covid, segundo os datos que facilita a Xunta de Galicia neste 16 de outubro. Son, polo tanto, 3 menos que onte. Quedan así libres de coronavirus o CEIP Julio Gurriarán e o IES Lauro Olmo, que tiñan ata onte 1 e 2 casos, respectivamente.

No resto dos centros deste concello valdeorrés os datos son os mesmos de onte: a Escola Infantil Los Juglares segue con 4 positivos e unha aula pechada, o CEIP Otero Pedrayo de Viloira ten 5 positivos e o Colexio Divina Pastora 2 e 4 do IES Martaguisela.

Por outra banda, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo rexistra nesta xornada un novo positivo, sendo xa dous os casos neste centro.

Finalmente, o CEIP P. Virxe do Camiño de Rubiá continúa cun positivo.

A provincia de Ourense suma nesta xornada un total de 181 positivos en centros educativos e 7 aulas pechadas, sendo a maior parte dos colexios e institutos con casos da cidade de Ourense, así como do Carballiño.

Artigos relacionados

Back to top button