A RúaConcellosÚltima hora

Baixan a 16 os casos activos de Covid na Rúa, dous menos que onte

Vía central da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Malia a repunta da semana pasada cando chegaba aos 26, os casos activos de Covid-19 seguen baixando no municipio da Rúa. Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao concello, na xornada deste domingo 7 de febreiro, rexístranse 16 positivos, dous menos que onte. Cifra que de novo coincide cos novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días, segundo a información do Sergas.

Así e todo, malia a tendencia á baixa no número de casos activos, á incidencia acumulada para este concello segue sendo de >250.

Información por concello facilitada polo Sergas.

Artigos relacionados

Back to top button