En portadaÚltima hora

Baixan a 168 os casos activos de Covid no Barco, 15 menos que onte

Imaxe dunha das rúas do Barco./ Foto: A.R.

 

Por segundo día consecutivo baixa a curva do coronavirus no Barco. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas neste 24 de xullo (actualizados ás 18h. de onte), son 168 os casos activos de Covid-19 rexistrados neste municipio, o que supón 15 menos que onte.

A incidencia acumulada no municipio sitúase nos últimos 7 días en >250, mentres que nos útimos 14 días está en >500, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button