En portadaÚltima hora

Baixan a 2 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 3 menos que onte

Tamén seguen descendendo os casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, cun total de 713, 130 menos que onte

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova xornada de descenso nos casos activos de Covid-19. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 713 pacientes con infección activa, 130 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 19 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Porén rexístrase un leve incremento nos nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 23 (fronte aos 19 de onte).

Por outra banda, baixan os ingresos. Hai 60 persoas hospitalizadas en planta (23 menos que onte) e 8 na Unidade de Coidados Intensivos (5 menos que onte). O Hospital de Valdeorras ten 2 ingresos de pacientes en planta (3 menos que onte), o Hospital de Verín mantén mantén 2 ingresos e o Hospital Universitario de Ourense ten 55 en planta (20 menos que onte) e 7 (5 menos que onte) na Unidade de Coidados Intensivos. Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en planta e outro en UCI (as mesmas cifras que onte).

O total de casos rexistrados dende o inicio da pandemia ata o de agora na provincia ascende a 14.424, con 13.313 curados e 398 falecidos (non se notificaron falecementos por parte de Sanidade nos últimos catro días). Polo de agora lévanse realizado 200.422 probas PCR e 99.025 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button