ConcellosO BarcoÚltima hora

Baixan a 27 os casos activos de Covid no Barco

Imaxe da vila do Barco.

 

Novo descenso nas cifras de casos activos de coronavirus no Barco. Así, segundo os últimos datos comunicados neste 17 de decembro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 27 positivos, 2 menos dos rexistrados onte.

En canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 26 (3 máis que os rexistrados onte), cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade. Neste municipio mantéñense, como no resto da provincia de Ourense (agás A Rúa e Sarreaus, con restricións medio-altas) as restricións básicas, se ben a consellería mantén unha vixilancia detallada da súa evolución.

Artigos relacionados

Back to top button