A RúaConcellosÚltima hora

Baixan a 28 os casos activos de coronavirus na Rúa

Unha das entradas á Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Despois de dúas semanas pendentes do ascenso continuado de positivos por coronavirus no municipio da Rúa, a tendencia mantense á baixa por cuarto día consecutivo.

Así, tal como confirma o alcalde Álvaro Fernández, segundo os datos que lle facilitan dende a Consellería de Sanidade, o número de casos activos por Covid-19 a día de hoxe é de 28, dous menos que onte e cinco menos que o luns. “Os datos teñen que ir mellorando”, confía o alcalde, recoñecendo que no concello preouca a ponte desta fin de semana. “A ver se conseguimos manter controlada a situación coa axuda da Policía Local”, di.

De momento, aínda que os casos diagnosticados nos últimos 14 días baixaron a 25, a incidiencia acumulada para o concello segue sendo de >250.

Artigos relacionados

Back to top button