En portadaSanidadeÚltima hora

Baixan a 3 os pacientes con coronavirus ingresados no Hospital de Valdeorras

Dos 127 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 111 permanecen a seguemento a domicilio, 15 están ingresados en planta e 1 en UCI, segundo Sanidade

Hospital de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras catro días mantendo cinco pacientes con Covid-19 ingresados en planta no Hospital de Valdeorras, neste sábado 23 de maio a cifra vén de reducirse a tres, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade.

No caso do Hospital de Verín hai un paciente en planta, mentres que no Hospital Universitario de Ourense son 11 as persoas ingresadas en planta e 1 en UCI (este último de prognósticos grave).

Dos 127 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 111 permanecen a seguemento a domicilio, 15 están ingresados en planta e 1 en UCI, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende agora a 1.983, con 1.727 curados e 130 falecementos. (residencias e hospitais). Na provincia de Ourense lévanse realizado 19.326 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close