ConcellosPetínÚltima hora

Baixan a 3 os positivos por Covid no municipio de Petín

Vista de Petín dende o Encoro de San Martiño. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Nova baixada dos casos activos de coronavirus no municipio de Petín. Segundo os datos facilitados polo Sergas ao Concello, na xornada deste luns 16 de novembro o número de positivos son 3, o que supón dous menos que na última actualización.

Nos dous concellos con maior poboación da comarca de Valdeorras, os casos oscilan na vintena. No caso do Barco mantense nos 22 mentres que A Rúa conta con 24.

 

Artigos relacionados

Back to top button