ConcellosÚltima horaVilamartín

Baixan a 4 os casos activos de Covid-19 no Barco

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

Mantense o descenso na cifra de casos activos de coronavirus no Barco. Segundo os últimos datos comunicados neste 4 de xaneiro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 4 positivos, 2 menos que o pasado 30 de decembro, consolidando desta forma a tendencia á baixa rexistrada nas últimas semanas.

En canto ao número de novos casos diagnosticados no Barco nos últimos 14 días, mantense entre 1 e 9 casos, cunha inciencia acumulada para o concello de ≤50, segundo a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button