ConcellosO BarcoQuirogaRibas de SilTrives

Baixan a 4 os casos de Covid nos centros educativos do Barco

 

Redúcense os casos activos de Covid-19 nos centros educativos do Barco. Son, segundo os datos comunicados pola Xunta neste 5 de novembro, un total de 4, o que supón 2 menos que onte. Así, desaparece do listado o IES Martaguisela que ata agora tiña un positivo, co cal este instituto queda libre de virus.

Ademais, a Escola Infantil Los Juglares pasa de 3 positivos a 2. Finalmente, o CEIP Julio Gurriarán mantén 1 positivo e o IES Lauro Olmo outro.

Así mesmo, o IES Xermán Ancochea de Trives continúa con 1 positivo.

Por outra banda, o IES de Quiroga continúa con dous casos activos de Covid e o CEIP San Clodio rexistra un caso.

Artigos relacionados

Back to top button