En portadaÚltima hora

Baixan a 4 os pacientes con coronavirus ingresados no Hospital de Valdeorras

Dos 209 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 175 permanecen a seguemento a domicilio, 31 están ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade

Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Hospital Público de Valdeorras rexistra neste domingo 17 de maio un ingreso menos que onte por coronavirus. Así, segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, o centro barquense ten catro pacientes con COVID-19 hospitalizados en planta.

Fronte a isto, o Hospital de Verín logra manterse un día máis libre de coronavirus, mentres que no Hospital Universitario de Ourense repítense os datos de onte: 27 ingresados en planta e 3 en UCI (estes últimos de prognóstico grave).

Dos 209 casos activos (onte eran 277) na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 175 permanecen a seguemento a domicilio, 31 están ingresados en planta e 3 en UCI, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 1.965, con 1.627 curados e 129 falecementos (residencias e hospitais). Na provincia lévanse realizado 18.518 probas PCR.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close