En portadaÚltima hora

Baixan a 4 os pacientes ingresados con Covid no Hospital de Valdeorras

Na área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco hai 1.148 casos activos, 25 máis que onte

 

Parece que a tendencia á alza das cifras do Covid na provincia vaise reducindo pouco a pouco. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra nesta xornada de 8 de outubro un total de 1.148 casos activo (25 máis que onte), dos cales 72 seguen ingresados (9 na UCI e 1.076 a seguemento a domicilio), tal como informan dende a Consellería de Sanidade.

Por hospitais, no de Valdeorras baixan 1 os ingresados cun total de 4 por coronavirus. Tamén baixa no de Verín que ten 8 (1 menos que onte, con dous falecementos e un novo ingreso). No Hospital Universitario de Ourense hai 51 ingresados en planta e 8 en UCI. Ademais El Carmen ten 1 paciente na UCI.

Segundo os datos feitos públicos por Sanidade, o total de casos rexistrados na provincia ascenden a 4.229 con 2.918 curados e 163 falecementos. En total lévanse realizado 67.673 probas PCR, 1.237 nas últimas 24 horas.

Artigos relacionados

Back to top button