SanidadeÚltima hora

Baixan a 4 os positivos por coronavirus na Rúa

Segundo informan dende o Concello, "non revisten gravidade e dous deles xa están a piques de curarse"

Facendo un test rápido no Centro de Saúde da Rúa.

 

Tal como vén facendo case dende que a pandemia chegou a Valdeorras, o Concello da Rúa informa periodicamente da situación do municipio en canto a positivos por coronavirus.

“A situación permaneceu estable nestas semanas e, por este motivo, agardamos ata que houbera algunha variación para publicar os datos actualizados”, explican, asegurando que a día de hoxe, 21 de maio, “son 4 os casos activos por coronavirus no municipio, os cales non revisten gravidade e dous deles xa están a piques de curarse”.

Artigos relacionados

Back to top button