ConcellosPetínÚltima hora

Baixan a 4 os positivos por coronavirus no municipio de Petín

Vista de Petín dende o Encoro de San Martiño. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Seguen á baixa o número de positivos na comarca de Valdeorras. Polo menos no que se refire ao concello de Petín que na mañá deste luns 2 de novembro confirmaba a baixada a 4 dos casos activos no municipio, segundo a información facilitada polo Sergas.

Ante esta boa nova, dende as redes sociais, a alcaldesa Raquel Bautista recalca que “é moi importante seguir cumprindo coas medidas que nos indican as autoridades sanitarias”, sendo necesaria a colaboración de toda a poboación..

Artigos relacionados

Back to top button