A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

Baixan a 5 os casos activos de Covid nos centros educativos de Valdeorras

 

Caen os casos activos de coronavirus nos centros educativos da comarca de Valdeorras, que suman 5, 2 menos que os rexistrados na pasada fin de semana, segundo os últimos datos da Xunta. Así, o IES Cosme López da Rúa queda libre de Covid, mentres o Colexio Pablo VI-Fátima continúa cun positivo.

No caso do Barco, tamén se rexistra un positivo menos. Así o IES Lauro Olmo pasa de 2 casos a 1, mentres o CEIP Otero Pedrayo de Viloira ten 1 e o IES Martaguisela 2.

Os centros da provincia de Ourense rexistran un total de 42 casos activos de Covid-19 e 2 aulas pechadas.

Artigos relacionados

Back to top button