SanidadeÚltima hora

Baixan a 5 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras

Tamén seguen descendendo os casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, cun total de 843, 92 menos que onte

 

Seguen o descenso na curva do Covid na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 843 pacientes con infección activa, 92 menos que onte, segundo os últimos datos, actualizados ás 18h. do 18 de febreiro, e publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade. Tamén se rexistra un leve incremento nos nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 19 (fronte aos 18 de onte).

Tamén baixan os ingresos, hai 83 persoas hospitalizadas en planta (8 menos que onte) e 13 na Unidade de Coidados Intensivos (a mesma cifra que onte). O Hospital de Valdeorras ten 5 ingresos de pacientes en planta (3 menos que onte), o Hospital de Verín mantén 2 ingresos (1 menos que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 75 en planta (4 menos que onte) e 12 (a mesma cifra que onte) na Unidade de Coidados Intensivos. Finalmente, a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso en planta e outro en UCI (as mesmas cifras que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 14.399, con 13.158 curados e 398 falecidos (non se notificaron falecementos por parte de Sanidade nos últimos tres días). Polo de agora lévanse realizado 199.849 probas PCR e 98.473 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button