SanidadeÚltima hora

Baixan a 6 os casos activos de Covid na provincia de Ourense

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de facer pública a última actualización de casos activos de coronavirus en Galicia. No caso da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco son 6 os casos, o que significa un menos que onte.

En total Galicia rexistra nestes momentos un total de 249 casos activos por Covid-19 (7 máis que onte), deles 71 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, os 6 xa citados da de Ourense, 20 da de Pontevedra, 50 da área de Vigo, 21 da de Santiago, e 1 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 8 en unidades de hospitalización e 240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.251 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos, segundo Sanidade.

O número de PCR realizadas é de 246.840.

Artigos relacionados

Back to top button