ConcellosO BarcoÚltima hora

Baixan a 68 os casos activos de Covid no Barco

Exterior do Concello do Barco.

 

Despois de dúas xornadas cun lixeiro repunte nos datos do Covid, os datos deste 16 de outubro amosan unha baixada nos casos activos no municipio do Barco, segundo se confirma dende o Concello. Así dos 76 casos comunicados onte, pásase hoxe a 68, o que supón 8 menos.

Aínda así o concello continúa manténdose en nivel de alerta 3 no mapa de positivos que elabora a Consellería de Sanidade e segue vixente a situación 2 en canto á restricións, ademais de estar prohibidas as reunións de non conviventes.

 

Artigos relacionados

Back to top button