SanidadeÚltima hora

Baixan a 7 os positivos de Covid nos centros educativos de Valdeorras

 

Diminúen nesta xornada os positivos en centros educativos de Valdeorras. Son un total de 7, fronte aos 9 de onte, tal e como se recolle no listado que emite a Xunta de Galicia. Así desaparecen deste listado o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín, que tiña 1 positivo, e tamén o CEIP Condesa de Fenosa, que rexistraba outro positivo.

Así no caso do Barco, o IES Martaguisela ten 2 positivos (1 máis que onte), o Colexio Divina Pastora segue con 1 positivo e o IES Lauro Olmo rexistra 2 positivos (1 menos que onte).

Ademais o CPI Tomás Terrón Mendaña de Carballeda de Valdeorras ten 1 positivo e tamén mantén 1 positivo o IES Cosme López da Rúa.

Por outra banda, desaparece do listado o IES Carlos Casares de Viana que figuraba con 1 positivo.

No caso de Trives a gardería continúa con outro positivo (unha traballadora) e co centro pechado e entra no listado o IES Xermán Ancochea con 1 positivo.

No conxunto da provincia de Ourense o listado recolle un total de 371 positivos, 8 centros educativos pechados e 3 aulas pechadas.

15 positivos nos centros da comarca de Quiroga

Na veciña comarca de Quiroga soben lixeiramente os casos. O IES Quiroga segue con 3 positivos, pero o CEIP de Quiroga chega a 9 positivos (1 máis que onte), ademais o CEIP San Clodio de Ribas de Sil segue con 2 positivos. Ademais hai 1 positivo no CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel.

Artigos relacionados

Back to top button