En portadaÚltima hora

Baixan a 735 os casos activos de Covid en Valdeorras tras mudar Sanidade a forma de contar os positivos

Co cambio nos días de illamento e posterior alta, a comarca ten 252 casos menos que onte

Imaxe da vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Dende este xoves 13 de xaneiro a Consellería de Sanidade aplica o novo protocolo na forma de actualizar os datos do Covid en Galicia. Isto implica dous cambios principais no novo sistema de reconto: inclúese no cómputo de positivos os dos autotest e, ademais, co cambio nos días de illamento e posterior alta (que se reducen), prodúcese baixada considerable na cifra de casos activos.

Así nesta xornada rexístrase unha baixada nos datos de casos activos na comarca de Valdeorras, cun total de 735 positivos (datos actualizados ás 18h. de onte), o que supón 252 menos que onte segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Tendo en conta estes cambios, baixan os positivos en todos os concellos de Valdeorras agás en Larouco, que se mantén en 43 positivos. O Barco segue sendo o municipio que concentra un maior número de contaxios activos, un total de 465, o que supón 193 menos que onte. O Bolo rexistra 25 positivos (15 menos que onte), Carballeda 29 (6 menos que onte), Petín 18 (5 menos que onte), A Rúa 98 (20 menos que onte), Rubiá 30 (6 menos que onte), A Veiga 7 (1 menos que onte) e Vilamartín 20 (6 menos que onte).

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

O Hospital Público de Valdeorras mantén nesta xornada 5 ingresos por Covid en planta, a mesma cifra de onte.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button