A RúaConcellosO BarcoSen categorizarÚltima hora

Baixan a 8 os positivos en centros educativos de Valdeorras: 6 na Rúa e 2 no Barco

 

Leve baixada nos casos activos de Covid-19 nos centros educativos da comarca de Valdeorras. Así, baixan ata 6 os positivos na Rúa: 1 positivo no CEIP Manuel Respino (1 menos que onte) que tamén ten unha aula pechada e 5 no IES Cosme López, os mesmos de onte. Deste xeito son 6 os casos activos en centros rueses.

Así mesmo baixan os casos no Barco que ten 1 positivo no IES Martaguisela e 1 positivo no Colexio Divina Pastora, mentres o CEIP Julio Gurriarán, que ata onte rexistraba 1 positivo, queda agora libre de virus. Deste xeito os centros do Barco suman dous positivos.

En total a comarca de Valdeorras ten nestes momentos 8 positivos en centros educativos, segundo o último listado de datos emitido neste sábado 19 de decembro pola Xunta.

O total de positivos en colexios, escolas infantís e institutos da provincia é de 68 e hai 7 aulas pechadas.

Artigos relacionados

Back to top button