SanidadeÚltima hora

Baixan os casos activos de Covid na provincia, con 13 menos que onte

 

Despois de moitas semanas con ascenso continuo de casos activos de coronavirus, a provincia de Ourense vén de rexistrar un descenso nestas cifras. Así, segundo a última actualización de datos (14 de outubro 12h.), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco rexistra 1.592 casos activos, o que supón 13 menos que onte.

Sen embargo, o que si soben son as hospitalizacións. Hai 86 pacientes ingresados en planta (10 máis que onte) e 12 en UCI (1 máis que onte). Nas últimas 24 horas confirmábanse 61 novos casos por probas PCR.

O número total de casos de Covid rexistrado na provincia ascende a 5.062, con 3.292 curados e 179 falecidos. Ata o de agora lévanse realizado 75.789 probas PCR.

Máis información:
https://osil.info/soben-a-2-os-ingresos-por-covid-no-hospital-de-valdeorras-a-11-no-de-verin-e-a-83-no-de-ourense/

Artigos relacionados

Back to top button