En portadaSanidadeÚltima hora

Baixan os casos activos na provincia e mantéñense as hospitalizacións

Publicidade
Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Pequeno descenso nos casos activos de Covid-19. Segundo os datos comunicados neste 27 de decembro pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. do 26 de decembro), a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco ten 540 pacientes con infección activa, 18 menos que onte. Dese total, 19 están hospitalizados en planta (1 menos que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte). Ademais baixan os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas cun total de 13 (fronte aos 39 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa con 1 hospitalizado en planta (o mesmo dato que nos últimos tres días), mentres o Hospital de Verín ten 2 en planta (a mesma cifra de antonte), e o Hospital Universitario de Ourense rexistra 14 en planta (1 menos que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (1 máis que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 8.387, con 7.538 curados e 308 falecidos (onte Sanidade non notificaba ningún falecemento). Polo de agora lévanse realizado 133.619 probas PCR e 67.183 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button