ConcellosÚltima hora

Baixan os positivos de Covid nos centros educativos de Valdeorras e mantéñense en Viana e Trives

Ademais o IES de Quiroga, na veciña vila lucense, rexistra o seu primeiro positivo

IES Lauro Olmo do Barco.

 

Nos datos de positivos en centros educativos comunicados neste 28 de outubro pola Xunta hai un lixeiro descenso na comarca de Valdeorras, mentres as cifras mantéñense nos concellos de Trives e Viana.

Deste xeito, sae da listaxe o Colexio Divina Pastora do Barco, que ata onte figuraba cun caso e agora está libre de virus, mentres se repiten os mesmos datos no resto de centros barquenses: a Escola Infantil Los Juglares mantén 3 positivos, o CEIP Julio Gurriarán 1, o CEIP Ramón Otero Pedrayo 2, o IES Lauro Olmo 1 e o IES Martaguisela 2.

Tamén continúa cun positivo o CEIP do Bolo e con outro o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín. Isto supón un total de 11 positivos en Valdeorras.

Así mesmo mantéñense os casos no IES Carlos Casares de Viana do Bolo, con 2 positivos, e no IES Xermán Ancochea, con 1.

Por outra banda, no veciño concello de Quiroga, xa na provincia de Lugo, vén de rexistrarse o primeiro positivo no seu instituto.

 

Artigos relacionados

Back to top button