CulturaCultura

Balance de “Galicia, Pórtico Universal”

O secretario xeral de Emigración valoraba os resultados desta iniciativa no Parlamento galego
O secretario xeral de Emigración, nun dos actos enmarcados en "Galicia, Pórtico Universal".
O secretario xeral de Emigración, nun dos actos enmarcados en “Galicia, Pórtico Universal”.

A iniciativa “Galicia, Pórtico Universal” ten atraído a atención de en torno a 60.000 visitantes, nas súas estancias en Barcelona, Hamburgo, Vitoria, Bos Aires e Córdoba, primeira vez que daba o salto ao outro lado do Atlántico. Así o sinalaba o secretario xeral de Emigración, o ourensán Antonio Rodríguez Miranda, na mañá do 15 de outubro no balance que presentaba no Parlamento galego.

A área inclúe unha exposición de artesanía galega, mostras de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, demostracións en vivo de actividades artesás galegas, área de información de Turismo de Galicia, e unha aula profesional de cata.

Asemade, no seu percorrido foi incluíndo novidades, como diversas expresións culturais adaptadas a cada cidade visitada, e tamén a venda de produtos de cadanseu consello regulador dos produtos agroalimentarios amparados por denominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa.

O secretario xeral da Emigración tamén salientou que se acadou a cifra de 1.313 participantes nas accións especializadas de promoción do produto galego (empresas importadoras, comercializadoras, restauradores, sumilleres, etc…), máis de 150 aparicións en prensa escrita, radios e televisións xerais –tanto locais como autonómicos, nacionais e mesmo estranxeiros-, e se contabilizaron máis de 1.700.000 impactos en redes sociais.

Artigos relacionados

Back to top button