ConcellosÚltima hora

Balance positivo do simulacro de emerxencia no Hospital Comarcal Valdeorras

 

Case unha hora duraba o simulacro de emerxencia que se desenvolvía na mañá deste mércores 20 de novembro no Hospital Comarcal Valdeorras. Nel recreábase unha situación de emerxencia que se iniciaba tras un aviso de incendio nunha das habitacións do centro ás 11h.

Concluído o simulacro, tiña lugar unha reunión coa asistencia dos efectivos de emerxencia participantes no operativo (Policía Local, Garda Civil, GES Valdeorras, 112, 061, Ambulancias Sil), xunto con persoal do hospital, un grupo de alumnos de auxiliar de enfermería do IES Lauro Olmo, e a directora do Distrito Sanitario de Valdeorras.

Nesta xuntanza, na que se facía un balance positivo da intervención, tamén se destacaba a importancia deste tipo de simulacros para saber actuar de maneira coordinada e evitar fallos en caso dunha emerxencial real.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/simulacro-de-emerxencia-no-hospital-comarcal-valdeorras-2/

Artigos relacionados

Back to top button