EconomíaEconomíaÚltima hora

Balance positivo para a AJE en Ourense

O colectivo de xóvenes empresarios facturou 40 millóns de euros no pasado 2015 e dá emprego a máis de 300 persoas
Ana Méndez, Lois Babarro e César González, esta mañá, no Marcos Valcárcel. // S.F.
Ana Méndez, Lois Babarro e César González, esta mañá, no Marcos Valcárcel. // S.F.

A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Ourense presentou esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel o seu balance con respecto á anualidade de 2015. 40 millóns de euros facturados, máis de 300 persoas empregadas e presenza en 25 países de todo o mundo. Eses son os datos máis salientables dun colectivo que busca “implicar” á mocidade no mundo laboral e empresarial sen esquecer a formación.

Os datos foron presentados pola directiva da asociación, integrada polo seu presidente, Lois Babarro, os vicepresidentes César González e Ana Méndez, e o seu secretario, Germán Rodríguez. Con todo, pese á expansión do colectivo e á mobilización que busca na mocidade para facela “proactiva”, a AJE móstrase cauta á hora de falar do emprendemento xuvenil e incide na importancia de consolidar primeiro unha vida laboral previa antes de iniciarse no autoemprego.

O acto tamén serviu para adiantar as vindeiras actividades que porá en marcha a entidade, entre as que destaca unha nova edición dos Premios Joven Empresario 2016, que se celebrará en novembro. Outras actividades que seguirá a realizar a entidade comprenden cursos, almorzos de negocios ou visitas a empresas.

Artigos relacionados

Back to top button