CulturaCulturaÚltima hora

Baldo Ramos presenta o seu novo libro na Casa dos Poetas de Celanova

"Porque te quiero" está editado por Galaxia con ilustracións de Anxo Rodríguez Fariña

 

Na tarde deste venres 18 de setembro, A Horta da Palabra da Casa dos  Poetas en Celanova acollía a presentación do libro de Baldo Ramos, Porque te quiero, un poemario que se le “practicamente igual de esquerda a dereita que de dereita a esquerda”, aseguran dende a Editorial Galaxia, puntualizando que “son poemas reversibles”.

No acto, o autor natural de Celanova estivo acompañado polos seus fillos, Aldara e Mateo, que se encargaron do acompañamento musical e dun recitado de poemas; e da profesora e crítica literaria, Isabel Mociño. O presidente da Fundación Curros Enríquez e alcalde de Celanova, Antonio Puga, foi o encargado de dar a benvida.

Baldo Ramos comeza a escribir poesía con apenas 17 anos e ten publicado varios libros entre os que destacan Palimpsesto (2009) e Cartografía do exilio (2014). Recibiu numerosos premios como o Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Concello de Carral ou Fiz Vergara Vilariño. Tamén recibiu un accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara e outro do Premio de Poesía Miguel González Garcés.

Fotos: Fundación Curros Enríquez.

Artigos relacionados

Back to top button