DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Baloncesto e castañas asadas na tarde do domingo en Calabagueiros

O equipo sénior do MV Barco perdía contra o CB San Cibrao na 4ª xornada de liga

Moi intensa foi a fin de semana do 9 e10 de novembro para o MV Barco no pavillón de Calabagueiros, con sete partidos disputados, dende o equipo benxamín mixto ata o sénior. O dos adultos era o último, disputado na tarde do domingo entre o MV Barco e o CB San Cibrao que remataba con magosto para os asistentes.

Mentres o equipo xogaba na cancha, membros do club asaban as castañas no exterior do edificio e outros preparaban os paquetes para a degustación deste froito de outono.

 

Plantel do equipo sénior do MV Barco.

 

Con respecto ao resultado, a sorte segue sen acompañar ao equipo barquense que levan José Luis Gómez e Patricia Gómez, que perdía por 56-70 ante o de Ourense. Con esta, os vermellos suman a cuarta derrota, noutros tantos partidos, da tempada na segunda división galega.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button